Sala Alterarte, Ourense
Ciclo expositivo: Activar a mirada. Des-ordenar o pensamiento.
Comisariado: Sara Donoso
15/10/2021 – 21/01/2022
O traballo de Isabel Flores responde a un interese por asomarse aos anexos da práctica pictórica, reivindicando a súa alianza coas tres di- mensións nunha constante exploración dos seus confíns. A expansión das linguaxes plásticas orixina novos choques e confrontacións que imprimen nas súas propostas o legado dos principios decorativos asociados á arte- sanía. Exiliada do marco e desertora do lenzo, a súa pintura responde ao reto de redefinir os espazos que habita a través da consecución de deseños ornamentais das máis variadas culturas; dunha memoria tan íntima coma global non exenta dun posicionamento crítico.
As súas propostas enmárcanse dentro de procesos site specific, nun diá- logo coa arquitectura e o contexto do lugar. Neste caso, traslada a memoria duns espazos a outros preservando a súa singularidade á vez que dispón outros significados. Así, ese ornamento primixenio que impactaba na súa retina a modo de rexistro iconográfico é posteriormente sometido a novas interpretacións e expande o seu contido aliándose con estratexias propias da abstracción. En Formas e tránsitos a artista compón unha viaxe inti- mista de elementos que se bifurcan e interfiren, onde a imaxe do azulexo da antiga casa familiar convive coa simplificación doutro motivo visto en Turquía. O primeiro aproxímase ao privado, ás vivencias íntimas e ao feito fortuíto; xorde do desprendemento deste azulexo na cociña dos seus avós e aséntase na súa mirada, acompañándoa no subsidiario ata que decide activalo como elemento plástico. O segundo é parte dun desenvolvemento xa interiorizado de transformación e de evolución do patrón. Combinadas, estas formas conxúganse trazando unha cartografía persoal e xeográfica deseñada a partir de experiencias tan distantes como enlazadas capaces de executar as xerarquías a través do recurso da repetición, que favorece á súa vez múltiples variacións sobre a silueta primaria. Tamén acolle o erro, xurdido dos movementos reiterados que fan vacilar a man sobre o muro ou, no caso das teas, das dificultades propias do procedemento serigráfico, como aliado á hora de afrontar o inesperado da creación.
Para a Sala Alterarte, Isabel Flores compaxina a intervención sobre muro coa disposición de varios panos serigrafiados en gasa que discorren lixei- ros suspendidos do teito, e que nos obrigan a establecer un percorrido non lineal onde o corpo se activa como suxeito actuante. Sométenos, así, ao es- crutinio das formas mediante un sistema de capas que encobre ou manifes- ta as imaxes en función de cal sexa a nosa posición como público especta- dor. Coma nun quebracabezas, as súas formas esixen da conexión mental para terminar de comporse. Imaxes veladas que reforzan o seu encontro na calidez translúcida das teas para despois expresar a súa incontinencia can- do se desprazan polas paredes da sala conformando un espazo transitable a partir do punto de vista múltiple. O poderoso atractivo do resultado non oculta a súa entoación crítica: a reivindicación do ornamento máis aló das súas fronteiras derruba os estereotipos e amalgama culturas, afectos e ten- dencias sen prestar atención a definicións ou a categorías.
Más proyectos
Pattern Reveal + Cartografías
Palacio Montemuzo, Zaragoza. 2022
Pattern to Abstraction
Museo Histórico de Llerena, 2022
Pattern Reveal
Sala Santa Clara, Mérida. 2020